Camilo Varela INSTALACIONES INDUSTRIALES

Presentación | Servicios | Obras realizadas |Normativa | Licitaciones| Actualidad | Contacto | Mapa del sitio

RECOMENDAR ESTE SITIO



 

Actualidad industrial

Veces que se ha mostrado esta noticia

18 - 03 - 2008

 

O CUSTO DO CAMBIO DE CONTADORES POLO FIN DA TARIFA NOCTURNA NON CAERÁ NO USUARIO

As empresas distribuidoras non poderán cobrar aos usuarios de Tarifa Nocturna ninguna contía por dereitos de acometida, nin por actualización de aparellos de medida derivada do cambio de contrato. Industria valora a medida positivamente, contemplada nun decreto estatal publicado no BOE, porén é insuficiente para paliar os custes que suporá o cambio tarifario nas economías de 180.000 fogares galegos.

A Consellaría de Innovación e Industria valora positivamente a medida do Ministerio de Industria, Turismo y Comercio de establecer mediante decreto a exención dos devengos de calquera dereito de acometida así como das contías derivadas dos cambios e actuacións nos equipos de control e medida que requiran as modificacións de potencia contratada dos consumidores acollidos á tarifa 2.0 con discriminación horaria nocturna, a chamada tarifa nocturna. A medida recóllese, en concreto, no Real Decreto 222/2008, de 15 de febreiro, polo que se establece o réxime retributivo da actividade de distribución de enerxía eléctrica, publicado hoxe no BOE, e responde ás demandas da Consellaría de Innovación e Industria perante o Ministerio de efectuar un reparto de cargas que inclúa ás compañías distribuidoras co fin de minorar os custes derivados do cambio de tarifa.


A exención destes dereitos, non obstante, a xuízo da Consellaría de Innovación non será suficiente para paliar o efecto negativo do cambio tarifario nas economías domésticas dunhas 180.000 familias usuarias da chamada “tarifa nocturna” en Galiza. O departamento dirixido por
Fernando Blanco reclamou perante o Estado o mantemento da tarifa 2.0 con discriminación nocturna para os usuarios actuais da mesma, nos termos nos que se estivo aplicando até este momento e/ou no marco das tarifas de último recurso (aqueles prezos máximos fixados polo Estado que poderán cobrar os comercializadores que asuman o subministro en baixa tensión, en determinados casos, despois da desaparición das tarifas eléctricas).


Innovación e Industria denunciou particularmente no Ministerio de Industria o feito de que o custe do cambio recaese sobre o usuario e demandou unha valoración dos efectos reais da modificación e un reparto das cargas que incluíra ás compañías distribuidoras e mesmo á propia administración estatal.

 

Fuente: Xornal.com

 

 

 

 

 

 
 

Aviso legal

dmoz

Este sitio web está compuesto en su totalidad por electrones reciclados