Camilo Varela INSTALACIONES INDUSTRIALES

Presentación | Servicios | Obras realizadas |Normativa | Licitaciones| Actualidad | Contacto | Mapa del sitio

RECOMENDAR ESTE SITIO



 

Actualidad industrial

Veces que se ha mostrado esta noticia

28 - 02 - 2008

 

 

INDUSTRIA CONTROLARÁ E REGULARÁ ÁS EMPRESAS CONSERVADORAS DE ASCENSORES - O CONSELLO DA XUNTA APROBARÁ O NOVO TEXTO NORMATIVO HOXE, ASÍ COMO OUTRO DECRETO DA CONSELLARÍA DE INNOVACIÓN E INDUSTRIA POLO QUE SE CREA O REXISTRO DE INSTALACIÓNS INTERIORES DE SUBMINISTRO DE AUGA DE GALIZA.

 

O Consello da Xunta aprobará hoxe, a instancias da Consellaría de Innovación e Industria, o Decreto mediante o cal se regularán os requisitos mínimos a cumprir polas empresas conservadoras de ascensores en Galiza. Mediante este decreto preténdese regulamentar a autorización e os medios mínimos necesarios para que as empresas conservadoras de ascensores poidan realizar a súa actividade en Galiza.


As empresas que desexen realizar a conservación e o mantemento de ascensores en Galiza terán que contar, segundo reflexa este Decreto, cunha persoa técnica titulada, enxeñeira superior ou técnica entre o seu cadro de persoal que será o responsable técnico da empresa; unha persoa operaria cualificada por cada setenta e cinco aparellos que manteñan no ano ou fracción, un mínimo de dous, cunha formación que sexa de Formación Profesional de grao medio ou superior nunha formación acorde coa actividade ou acreditar tres anos de experiencia no sector. En canto a requisitos materiais as empresas terán que contar cun local cos sistemas de comunicación precisos para atender eficazmente os requirimentos para os que sexan demandados e unha póliza de responsabilidade civil que cubra en todo momento os danos ocasionados como consecuencia do desenvolvemento da actividade profesional mínima.


En canto a aquelas empresas que desexen realizar a súa actividade profesional nunha provincia distinta á que pediu autorización, deben de contar cun cadro de persoal na provincia cun mínimo dunha persoa operaria cualificada por cada setenta e cinco aparellos que se manteñan no ano ou fracción e cun local cos medios necesarios para o correcto desenvolvemento do seu traballo.


Se algunha empresa de fóra de Galiza desexa realizar estas tarefas de mantemento no noso territorio, deberá acreditarse perante a delegación provincial da Consellaría de Innovación e Industria e cumprir os requisitos anteriormente expostos, tanto se desexa realizar a actividade na provincia na que o solicita ou nalgunha das outras.


Ademais, especifícase que deben de dispor dun sistema de comunicación bidireccional aqueles aparellos que estean en edificios de ocupación diaria temporal (como son os das distintas Administracións, destinados a oficinas, a actividades culturais ou recreativas, hospedaxe, establecementos sanitarios, congresos ou exposicións); os de ocupación estacional ou baixa ocupación; e os que teñan cinco niveis ou menos servidos polo ascensor ou que aínda tendo máis de cinco niveis servidos, o aparello dea servizo a menos de 10 vivendas habitadas de xeito habitual.

 

Instalacións interiores de subministro de auga


O Consello da
Xunta tamén aprobará hoxe Decreto polo que se creará o rexistro de instalacións interiores de subministro de auga no ámbito de Galiza. Ademais, este decreto tamén será o encargado de establecer os requisitos que deberán cumprir todas aquelas empresas que desexen realizar estas instalacións. O Rexistro de Instalacións interiores de subministro de auga de Galiza será dependente organicamente da Consellaría de Innovación e Industria.


As instalacións ás que se refire o decreto deben de ser inscritas neste citado rexistro antes da súa posta en servizo. As entidades abastecedoras de auga non poderán dar servizo a todas aquelas instalacións que previamente non cumpriran este requisito con anterioridade. Estas instalacións serán prestadas por empresas instaladoras autorizadas que deberán contar polo menos con unha persoa dotada co carné de instalador autorizado para realizar este labor.

 

Fuente: Xornal.com

 

 

 

 

 

 
 

Aviso legal

dmoz

Este sitio web está compuesto en su totalidad por electrones reciclados