Camilo Varela INSTALACIONES INDUSTRIALES

Presentación | Servicios | Obras realizadas |Normativa | Licitaciones| Actualidad | Contacto | Mapa del sitio

RECOMENDAR ESTE SITIO



 

Actualidad industrial

Veces que se ha mostrado esta noticia

28 - 01 - 2008

O programa Innoempresa destina 4,5 millóns a apoiar a innovación tecnolóxica e organizativa das pemes

O programa Innoempresa promoverá o desenvolvemento de iniciativas orientadas a impulsar a competitividade das pemes galegas nos ámbitos tecnolóxico, organizativo ou de xestión empresarial. Os proxectos de carácter colectivo, impulsados por asociacións ou agrupacións de pemes, tamén terán especial consideración na nova convocatoria.

Apoiar a innovación e a competitividade das pemes galegas mediante a realización de proxectos, tanto individuais coma colectivos, nos ámbitos tecnolóxico, organizativo e de xestión; este é o obxectivo fundamental do Programa de apoio á innovación das pequenas e medianas empresas (Programa Innoempresa).

As subvencións concedidas no marco deste programa poden cubrir até o 45% dos investimentos e até o 50% dos gastos vinculados aos proxectos aprobados. As empresas e organismos intermedios interesados poden presentar as súas solicitudes até o próximo 17 de marzo, segundo o previsto nas bases publicadas no Diario Oficial de Galicia (DOG) o pasado 17 de xaneiro. As axudas resolveranse polo sistema de concorrencia competitiva.

Impulso aos proxectos colectivos

No ámbito deste programa teñen especial importancia os proxectos de carácter colectivo, a partir do labor de impulso a desenvolver polos organismos intermedios que presten ás pemes, de forma habitual, servizos de apoio á innovación e á modernización nas súas diversas formas.

Ao abeiro da convocatoria do ano paso, o Instituto Galego de Promoción Económica aprobou subvencións a fondo perdido por importe de 4,35 millóns de euros para apoiar un total de 434 proxectos, 40 deles de carácter colectivo, impulsados por agrupacións empresariais.

Poden ser apoiables no ámbito do programa Innoempresa os proxectos de innovación en áreas como a organización da produción, a relación con provedores e clientes, os modelos de mercadotecnia e comercialización, a xestión medioambiental, a eficiencia enerxética, a loxística ou a xestión de recursos humanos. Serán igualmente apoiables a elaboración de diagnósticos de situación e a elaboración de plans estratéxicos, así como as iniciativas de deseño de produto.

No eido da innovación tecnolóxica e de calidade o programa apoiará plans de mellora tecnolóxica mediante o asesoramento a empresas a través da utilización de centros tecnolóxicos ou de consultoras especializadas; a través de proxectos de desenvolvemento tecnolóxico impulsados por pemes; e mediante iniciativas de implantación e certificación de normas tecnolóxicas, de xestión medioambiental e de calidade.

O programa Innoempresa está regulado a nivel estatal polo Real Decreto 1579/2006, publicado no BOE o 2 de febreiro de 2007, onde se establece o réxime de axudas e o sistema de xestión do programa. O financiamento das axudas concedidas neste ámbito conta con recursos económicos procedentes do Feder.

 

 

 

 

 
 

Aviso legal

dmoz

Este sitio web está compuesto en su totalidad por electrones reciclados