Camilo Varela INSTALACIONES INDUSTRIALES

Presentación | Servicios | Obras realizadas |Normativa | Licitaciones| Actualidad | Contacto | Mapa del sitio

RECOMENDAR ESTE SITIO



 

Instituto Enerxético de Galicia, www.inega.es
 
Plan Renove de Fiestras


Obxectivo

O Plan Renove de Fiestras está incluído no Programa IDAE-INEGA 2008 de Axudas Públicas a Investimentos en Eficiencia Enerxética dentro do Plan de Acción 2008-2012 da E-4.

O fin deste plan é o de fomentar a redución do consumo de enerxía no sector doméstico a través da rehabilitación dos ocos acristalados de fachada, tanto no referente ó acristalamento como ós marcos ou perfís.

Estas axudas xestionaranse mediante a colaboración dos instaladores que decidan adherirse ó Plan e están destinadas a persoas físicas ou xurídicas residentes na Comunidade Autónoma de Galicia. Serán subvencionables as novas fiestras ou portas-fiestras que separen estancias calefactadas do exterior e cumpran os seguintes requisitos:

· Dispoñer de marcado CE.
· Dobre acristalamento con cámara de 6 mm ou superior.
· Carpintería de madeira, de PVC ou metálica con rotura de ponte térmico de 4 mm ou superior.
· Substituír a unha fiestra anterior de igual ou superior tamaño.
· Realización da reserva de fondos e execución da obra a partir do 01/02/2009.

Non son subvencionables os cerramentos acristalados que se instalen coa finalidade de pechar ambientes exteriores (terrazas e/ou tendedeiros) por non tratarse dunha renovación senón de modificacións na envolvente da vivenda.

Esta axuda é incompatible con calquera outra tramitada polo Inega para a mesma actuación.

O prazo de presentación das solicitudes de axuda permanecerá aberto dende o 1 de febreiro de 2009 ata o día 30 de xullo de 2009 ou ata que se esgote o orzamento destinado a esta finalidade que ascende a 500.000 €. Eventualmente esta cantidade poderase ver incrementada coas cantidades sobrantes do Programa de Axudas Públicas ao aforro e eficiencia (E4+) reguladas pola Resolución do Instituto Enerxético de Galicia de 6 de xuño de 2008.

PRAZO DE ADHESIÓN DOS INSTALADORES

O prazo de adhesión comeza o día seguinte da publicación das bases e remata o 30/07/2009.

O documento de adhesión (Anexo I das bases, titulado Protocolo de Adhesión) deberá encherse a través da aplicación informática e presentarse por duplicado preferentemente no rexistro do Inega (Rúa Avelino Pousa Antelo nº 5 - San Lázaro, C.P. 15703 Santiago de Compostela - A Coruña). No caso de que a presentación se realice noutro rexistro deberá adiantarse ó fax 981 54 15 15.

Para aclarar calquera tipo de dúbida o Inega habilitou os seguintes números de teléfono: 981 541540, 981 95 78 03 e 981 54 15 38 e a conta de correo aforro@inega.es.

Documento Completo do Plan Renove de Fiestras [PDF]

CONTÍA DA SUBVENCIÓN

A contía da axuda ascenderá a un máximo de 100€/m2 de fiestra, cuns límites de 6.000€ por vivenda unifamiliar e 300.000€ por bloque de vivendas ou edificios do sector terciario. En calquera caso, a cantidade da subvención non poderá ser superior ao 25% do custo total da obra.

Alta de Instaladores

Para darse de alta como instalador dentro do Plan Renove de Fiestras deberá cubrir o seguinte formulario.

Alta de Instaladores >>

Reserva de Fondos

Para formalizar unha venta o instalador previamente rexistrado, deberá incorporar os datos da instalación no seguinte formulario.

Reserva de Fondos>>

Instaladores Adheridos

Pulsando na seguinte ligazón poderá consultar os instaladores adheridos ao Plan Renove de Fiestras.

Listaxe de Instaladores Adheridos >>

Dúbidas máis Frecuentes

Pulsando na seguinte ligazón poderá consultar as dúbidas máis frecuentes referentes ao Plan Renove de Fiestras.

Dúbidas Frecuentes >>

 

 

 

 

 

 
 

Aviso legal

dmoz

Este sitio web está compuesto en su totalidad por electrones reciclados